Un total de 94 concellos do rural adhírense á iniciativa autonómica de mellora da cobertura móbil

Esta semana rematou o prazo para que as entidades locais presentaran a súa solicitude, na que se incluía a cesión de terreos adecuados para a instalación das infraestruturas de telecomunicación

Nos primeiro semestre do ano a Amtega levará a cabo a validación das zonas sen cobertura e das parcelas trasladadas polos concellos

Posteriormente, lanzarase unha convocatoria pública de axudas a operadores de telecomunicacións, para o que xa se está a iniciar o proceso de solicitude de autorización á da Comisión Europea

A Administración autonómica conta cun orzamento de ata 5 millóns de euros para esta actuación

Un total de 94 concellos do ámbito rural solicitaron a súa adhesión á iniciativa autonómica para mellorar as comunicacións móbiles no rural, que conta orzamento de ata 5 millóns de euros da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Para participar no plan as entidades locais debían incluír na solicitude a cesión dun terreo adecuado para a instalación das infraestruturas de telecomunicación e o compromiso de abordar a acometida eléctrica, para o que poderán solicitar unha axuda máxima de 30.000€.
No primeiro semestre, a Administración autonómica, en colaboración co Colexio de Enxeñaría de Telecomunicacións de Galicia validará as zonas con deficiencias de cobertura trasladadas polos concellos e, conxuntamente con Retegal, visitarase e comprobarase a idoneidade das parcelas indicadas polas entidades locais, creando así un mapa de zonas de actuación.
Aqueles concellos que cumpran cos requisitos, carecer de cobertura e poñer e dispoñer dos terreos adecuados, integraranse nun proxecto, que se desenvolverá a través dunha encomenda ao operador publico Retegal para a construción das torres e dunha convocatoria publica a operadores en concorrencia competitiva.
Para este último paso, o lanzamento da convocatoria pública de axudas a operadores de telecomunicacións, xa se está a iniciar o proceso para solicitar a autorización da mesma á Comisión Europea.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e a Federación Galega de Municipios (FEGAMP) asinaron en decembro de 2019 un acordo marco para facilitar que as entidades locais se sumasen ao plan.

O 90% dos galegos con acceso a internet de 100Mbps en 2021

A mellora da cobertura de internet foi una das prioridades do Goberno galego que entre 2010 e 2020 terá investidos 185 millóns de euros de fondos públicos nos dous Plans de banda larga que se puxeron en marcha nesta década.
Actualmente, o obxectivo da Xunta é incrementar a porcentaxe e galegos con acceso a redes ultrarrápidas. Para conseguilo puxo en marcha varias actuacións, que sumadas ás do Estado permitirán que o 90% dos galegos teñan acceso a internet de 100Mbps en 2021.
Ademais, o Plan dotou de acceso a internet de máis de ata 350 Mbps a 81 e polígonos que contan con máis de 1.750 empresas e outras 80 de zonas illadas se beneficiaron de axudas directas para poder acceder a redes ultrarrápidas.

 

Fuente : Xunta de Galicia
IbericaNews
Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerlo cuando regrese a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.

Puede ajustar todas sus configuraciones de cookies navegando por las pestañas en el lado izquierdo.